Dez medidas para garantir o acceso a vivenda

Dez medidas para garantir o acceso a vivenda

Reclaman á Xunta e ao Concello dez medidas para garantir o acceso á vivenda

Nove organizacións esixen ao Alcalde e á Xunta un plan para que a vivenda social en Vigo acade o 15% do total do parque

Presentan un decálogo de propostas que inclúe o rexistro de vivendas dispoñibles, promoción do alugueiro social e público, control de prezos dos alugueiros, un plan con perspectiva de xénero e cartos para acadar o 15% de vivenda social, ningún desafiuzamento sen alternativa habitacional e garantir a non discriminación.

(Vigo).- Amnistía Internacional, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, Fundación Érguete – Integración, Os Ninguéns, a Parroquia do Cristo da Vitoria, Proclade Fundación, Provivienda, a Rede Social Galicia Sur e o Sindicato das Inquilinas – Sindicato de Vivenda remitiron senllas cartas ao Alcalde de Vigo e á Delegada da Xunta nas que reclamaron que os orzamentos para 2024 de ambas administracións inclúan medidas que permitan poñer en práctica un decálogo de medidas para garantir o dereito á vivenda en Vigo.

Reclamamos un plan plurianual que garanta o incremento progresivo do parque mínimo de vivenda destinado a políticas sociais, incluído o alugueiro social, e un calendario para acadar a media europea do 15% de vivenda social do parque municipal de vivendas en Vigo”, . “Pedimos ao Concello que solicite á Xunta a aplicación do control de prezos de alugueiros en zonas tensionadas de Vigo para garantir o acceso ao dereito humano da vivenda, que debe ser alcanzable, non un ben de investimento ou un produto de luxo”.

Decálogo para garantir o acceso o dereito á vivenda para todas as persoas, a non discriminación e enfoque de xénero

Para garantir o dereito á vivenda, as nove organizacións propoñen ao Concello e á Xunta un decálogo de medidas, seis delas urxentes e catro a medio prazo:

1 Establecer un rexistro adecuado das vivendas dispoñibles en Vigo, incluídas as vivendas da Sareb dispoñibles para alugueiro social.

2 Promover o alugueiro social, en particular o alugueiro público, artellando e dinamizando unha bolsa de vivenda de alugueiro con garantías para as persoas propietarias e apoio para as inquilinas que incentive que as vivendas dispoñibles se dediquen ao alugueiro que garanta que se conta con recursos e vivendas propios que permita dispoñer de alternativas para situacións de emerxencia.

3 Adoptar medidas para evitar o crecemento do número de vivendas baleiras e sistemas que permitan que as persoas que as necesitan poidan acceder a elas.

4 Aplicar decontado as medidas de control de prezos en zonas tensionadas segundo o disposto no artigo 18 da Lei 12/2023 de Vivenda.

5 Incluír nos orzamentos de 2024 unha partida. orzamentaria cun obxectivo cuantificable que garanta un parque mínimo de vivendas destinadas a políticas sociais, incluído o alugueiro social.

Este obxectivo debería ser, como mínimo, o equiparable ao estándar dos países da nosa contorna da Unión Europea do 15% das vivendas principais existentes.

6 Garantir o incremento necesario dos recursos humanos e financeiros nas partidas dos orzamentos de 2024 dedicadas aos Servizos Sociais para que poidan desenvolver o seu labor de forma eficaz.

As catro medidas a medio prazo propostas son:

A Elaborar, coa participación das organizacións especializadas e das persoas afectadas, un plan plurianual que determine unha porcentaxe anual de incremento progresivo do parque de vivenda social e estableza un calendario para acadar, o máis axiña posible, o obxectivo do 15% do estándar europeo do parque municipal de vivenda social.

B Garantir que ningún desafiuzamento deixa ás persoas na rúa, potenciando o Programa contra Desafiuzamentos do Concello de Vigo cun protocolo específico de actuación en casos de desafiuzamento por impagamento hipotecario ou por alugueiros, que permita asegurar que toda persoa desafiuzada dispón dunha alternativa habitacional adecuada, que deberá ser pública, no caso de que outra solución non estea dispoñible, garantindo así unha vivenda alternativa a persoas sen recursos.

C Incorporar a perspectiva de xénero nas políticas municipais de vivenda, dado que as mulleres teñen unha maior taxa de risco de pobreza, maior precariedade laboral e peores indicadores socioeconómicos.

D Garantir a non discriminación, incluíndo medidas para evitar calquera tipo de discriminación no acceso á vivenda garantindo o seu acceso a todas as persoas residentes en España.

///FIN

Tel. de contactos para medios:

Amnistía Internacional: Isabel Flores – Alberto Estévez: 698 119 395

Cáritas Diocesana Tui-Vigo: José Ángel Iglesias 986443310

Fundación Érguete – Integración: Ana María Álvarez Franco 696 276 200

Os Ninguéns: Carla Leiras: 600 923 140

Parroquia Cristo da Vitoria: Juan Antonio Terrón 633364424

Provivienda: Ana Pardo: 637 022 271

Proclade Fundación: Carmen López: 617 53 31 76

Rede Social Galicia Sur: Fran del Riego: 654 164 775

Sindicato de Inquilinas Vigo Tui Baixo Miño:

Lucia :637 533 098

Deja un comentario